lunes, 14 de diciembre de 2009

Unha das nosas recomendacións para o Nadal...



Que ocorrería se Cincenta se descanta co príncipe? que pasa se a historia do "ser felices e comer perdices" non nos convence? estas preguntas, por fin, teñen resposta e pódense ver neste precioso conto con ilustracións de Myriam Cameros.

Unha reflexión narrativa e documental sobre a violencia de xénero contada por cinco importantes escritoras españolas.

«Cinco escritoras españolas comprometidas contra a violencia de xénero:Anxos Caso, Espido Freire, Rosa Regàs, Eugenia Rico e Lourdes Ventura,reuníronse individualmente con outras tantas mulleres de distintas idades e clases sociais que nalgún momento das súas vidas, en ocasións ao longo de moitos anos, sufriron malos tratos por parte das súas parellas. A palabra da quinta desas mulleres, asasinada anos atrás polo seu maltratador, cobrou vida en boca do seu fillo, e ese relato pecha o libro e tamén lle dá título: a morte, a ausencia que provoca a morte, fai que cinco por dous sexan nove» (Silvia Pérez e Fernando Marías, editores).

Blog da Cenicienta que non quería comer perdices.

No hay comentarios :