miércoles, 16 de octubre de 2013

César Mallorquí Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2013


César Mallorquí (Barcelona, 1953) obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2013, pola súa novela illa de Bowen. Este galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2012. 

O Xurado decidiu premiar a obra de Mallorquí por ser un canto á aventura e homenaxe á literatura clásica, escrita con paixón, amenidade, humor e intelixencia e pola excelente construción dos seus personaxes e as súas tramas".

O escritor estudou Periodismo na Universidade Complutense de Madrid e traballou en La Codorniz e na Cadea SER. Posteriormente, desempeñou diversos postos nunha axencia de publicidade norteamericana. A parede de xeo (Premio Alberto Magno 1992), coleccionista de selos (Premio UPC 19995), A casa do Doutor Pétalo (Premio Gigamesh 1996), O último traballo do señor Luna (2000),  As bágoas de Shiva (Premio EDEBÉ 2002), A catedral  son algunhas das súas obras. A illa de Bowen é un libro de aventuras ao estilo dos de Julio Verne ou Arthur Conan doyle, con illas misteriosas, asasinatos, minerais preciosos, heroes e manuscritos medievais. Por esta obra foi galardoado co Premio EDEBÉ 2012.


Norabóa polo galardón!

No hay comentarios :