A narradora Alice Munro é a nova gañadora do Premio Nobel de Literatura 2013. Natural de Canadá, escritora en inglés, a narradora constrúe un mundo propio que deita, de maneira especial, por medio dos seus relatos.
Nacida en Ontario en 1931, desde moi nova Alice Munro comezou a escribir relatos desde moi nova, xénero que presidiría toda a súa carreira literaria. Escritora en inglés, Munro constrúe un mundo propio do que non é alleo a súa propia biografía. Autora de libros de relatos e novela, Alice Munro anunciou hai anos a súa retirada da literatura mais, malia iso, a súa obra continuou a medrar con novos títulos. Polos libros de Alice Munro as mulleres transitan como protagonistas, con historias construídas por elas mesmas e que xiran arredor da súa maneira de se situar no mundo. En "O amor de Uma Boa Mulher" Munro achéganos á historias que suceden nas localidades de Ontario nas que residiu, protagonizadas por mulleres que buscan a súa liberdade. Mulleres son tamén as primeiras personaxes das vidas narradas que semellan reais de "Fugas" ou "A Vista de Castle Rock" unha antoloxía na que o seu ambiente persoal se torna literario.
Historias normais de mulleres extraordinarias que, como a propia Munro, ten no cotiá material abondoso para a construción literaria.
Alice Munro fai a decimoterceira escritora que consigue o Nobel de Literatura dos 110 galardóns outorgados. Ademais da nova premiada, tres autoras foron recoñecidas co premio literario maís agardado do ano neste mesmo milenio, a austríaca Elfried Jelinek, a británica Doris Lessing e a nacida en Rumanía mais escritora en alemán Herta Müller.
Para saber máis recensións en:
El Confidencial
El País
ABC
Muy Interesante
Ningún comentario :
Publicar un comentario