sábado, 5 de outubro de 2013

No día do docente, un profesor especial...

 

 
Trátase de Walter Lewin, Doutor en física, astrofísico e profesor de Física do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT).
Ten 75 anos pero cando fala de Física a súa cara ilumínase como a dun neno.
Como non oía ben, antes de empezar unha entrevista xa daba unha pequena lección de Física sobre o son e o cadrado da distancia.


"A intensidade do son é inversamente proporcional ao cadrado da distancia. Se se afastan o dobre, o son é catro veces menos intenso. É Física sinxela"

Os vídeos das súas clases convertérono nunha especie de lenda e son utilizados por profesores de todo o mundo para intentar transmitir esa paixón aos estudantes.
 
Para visualizar o resto das clases deste excelente profesor visitade a páxina do MIT.

Ningún comentario :