miércoles, 23 de abril de 2014

Día do Libro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un ano máis o marcapáxinas polo día Mundial do Libro, cun texto inédito, agasallo dun autor ou autora ás Bibliotecas Escolares de Galicia. 
Nesta ocasión, o texto é da autoría de Paco Martín, escritor galego que no 1984, hai agora trinta anos, recibira o premio Barco de Vapor (Edit. SM), polo seu libro As cousas de Ramón Lamote. Un "Ramón Lamote" que posteriormente fora galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1986), entre outros recoñecementos, sendo o primeiro libro en galego que recebe esta distinción. 
O texto que Paco Martín adica ao libro neste ano 2014 é unha evocación das posibilidades que os libros ofrecen ás lectoras e aos lectores ávidos de coñecemento e imaxinación, con anceios de viaxe e aventura.

"A estribeira na que pousar o pé para cabalgar o airoso alazán de galope tendido cara ao horizonte promisorio"



Vía Asesoría Bibliotecas Escolares