jueves, 5 de noviembre de 2015

Día da Ciencia en Galego: Anxos Alvariño


Día da Ciencia en Galicia 2015, dedicado á bióloga mariña e oceanógrafa Anxos Alvariño, proposta deste ano elixida pola Real Academia Galega de Ciencias.

Anxos Alvariño é unha das mellores científicas en bioloxía mariña e oceanografía nadas en Galicia. Orixinaria de Ferrol e tras unha carreira brillante con amplo recoñecemento internacional, desenvolverá a maior parte da súa carreira no estranxeiro, sobre todo en Estados Unidos, en centros de investigación punteiros no campo do estudo dos océanos. Anxos Alvariño foi unha especialista en zooplancton mariño, onde como bióloga mariña describiu novas especies de quetognatos (Filum Chaetognata), sifonóforos (Orde Siphonophora) e hidromedusas (Clase Hydrozoa), e fixo que fose considerada unha autoridade mundial nestes tres grupos cun impacto científico que aínda perdura nos nosos días.

A Real Academia de Ciencias celebra desde 2008 o Día da Ciencia en Galicia, co obxectivo de divulgar a investigación e a ciencia entre a sociedade en xeral e a comunidade educativa en particular.

Unidade didáctica sobre a científica