sábado, 29 de abril de 2017

Os romanos en Galicia


Dona Ana Suárez, profesora da USC, veunos falar da presenza dos romanos en Galicia e a súa influenza posterior na nosa cultura. Unha das nosas profesoras fixo uns apuntamentos da charla que resultou moi instructiva, antesala do obradoiro de cultura clásica ao que os nosos alumnos asistirán o vindeiro 3 de maio:
"Trouxeron cubertas de tella, letrinas, cloacas. Foron os romanos  quen ideou iso das chaves para pechar as portas, - entre os castrexos quen ía pechar as portas?.   Depilaban o corpo e facían xoias para o común da xente: xoias de prata ou bronce. Mesmo xoias ben pequeñas, os aneis?: cousa de romanos.Salgaban o peixe  escrituraban as lápidas…E todo isto polo miúdo. De querer falar ao grande aí tedes a Muralla de Lugo, as Burgas en Ourense, o campamento romano de Bande ou mesmo o único faro en activo daqueles tempos: a Torre de Hércules.En fin, que seica somos algo roman@s."

No hay comentarios :