mércores, 21 de febreiro de 2018

No Día Internacional da Lingua Materna, visitamos ó Pergamiño Vindel

Preme na imaxe para acceder

Hoxe unha delegación do IES Fernando Esquío desprazouse a Vigo para visitar o Pergamiño Vindel.
De Fernán Esquío cara Martín Codax, de trovador a trovador, como non podía ser doutra maneira.
Xa vos informaremos con fotos e o vídeo que rodamos in situ cómo nos foi nesta aventura no Día Internacional da Lingua Materna.
Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente cada 21 de febreiro, desde o ano 2000 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. A Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística veñen sumándose nos últimos anos a esta celebración, contextualizándoa e orientándoa á promoción e transmisión da lingua galega.

Ningún comentario :