Durante os últimos cen anos acadáronse resultados espectaculares encol da tese que defende a nacionalidade galega como propia de Colón. Primeiro catalogáronse máis de 300 vocablos galegos empregados polo almirante nos seus escritos autobiográficos. Segundo reuniuse unha colección de 30 documentos orixinais, a través dos cales se demostra que os Colón pontevedreses establecidos nas parroquias de Moureira e Portosanto son o tronco e a raíz dos duques de Veragua (recoñecidos como descendentes do descubridor). Este libro de Alfonso Philippot é unha obra suxestiva e desbordante de documentación para o lector curioso.
Se queres saber da misteriosa orixe do ilustre personaxe e da tese galega, este é un bó punto de partida ; asemade, na Rede tes unha páxina moi completa que podes enlazar desde aquí.
Ningún comentario :
Publicar un comentario