Un persoaxe sólido e sen fisuras acompañado dun Dr. Watson que aínda resalta máis a personalidade do protagonista que ten unha capacidade de observación extraordinaria e unha mente prodixiosa. As súas aventuras son emocionantes, sorprendentes e o heroe sempre gaña.
Non me parezo en nada a Sherlock Holmes, ou eso creo, en todo caso son máis Dr. Watson, e non sei a magnitude da pegada que deixou en min, pero teño as súas aventuras en inglés, galego e castelán, de cando en vez leo algunha aventura ou algo sobre el e gústame ver as películas, series de animación, vídeoxogos que hai sobre o personaxe.
E neste tempo que se achegan a parte crucial do curso, pode ser unha boa forma de desconectar ler algunha aventura que nos leve a Londres, nunha noite de néboa e frío, a un pazo propiedade dunha nobre familia inglesa, ou a unha estación perdida na campiña.
Libros de Conan Doyle na Biblioteca.
Páxina oficial sobre Conan Doyle, wikipedia en inglés, outra páxina.
Páxina do Museo de Sherlock Holmes, wikipedia en inglés e outra páxina.
Ningún comentario :
Publicar un comentario