venres, 7 de novembro de 2008
Nova biblioteca escolar digital
A Fundación Germán Sánchez Ruipérez, a través do Centro Internacional de Tecnoloxías Avanzadas (CITA), acaba de crear a Biblioteca Escolar Dixital, unha ferramenta destinada á comunidade educativa, profesores, alumnos e pais, para compartir, utilizar, crear, difundir, avaliar e recomendar obxectos dixitais educativos de calidade.
Todo iso de forma pública, aberta e gratuíta.Para un mellor uso, se aconsella o rexistro có fin de poder recibir recomendacións doutros usuarios, crear a nosa propia biblioteca con obxectos dixitais, os nosos favoritos, comentarios, etc. Facelo é moi sinxelo e introdúcenos nun mundo cheo de posibilidades.
Benvidos á blogosfera
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
Ningún comentario :
Publicar un comentario