Na sección prensa prensada deste blog temos un enlace directo co Kiosko, do que xa falamos noutro post (saúdos Antonio, onde queira que esteas). Eu utilízoa moitas veces para ver rápidamente as portadas da prensa española máis importante. Pois resulta que ahora estamos de noraboa porque temos Novo Kiosko.
Os hábitos cambian e hoxe, segundo parece, xa se usa máis a prensa dixital que en papel, e esto non fai máis que medrar. Por que te vas conformar cun xornal, ou dous, se os podes ter case todos, polo menos os máis importantes. E se queres ver unha noticia atrasada, pódela buscar e ó rematar vas a outra páxina e xa está. E non acumulas kilos de papel, que antes foron árbores, que nos fan moita falla.
Botade hoxe unha ollada e veredes que portadas veñen cheas de esperanza, e por se fora pouco parece que os intereses van baixar. Ahora só falta que non perdamos o sentido e aprendamos dos nosos erros.
Saúdos.
Ningún comentario :
Publicar un comentario