sábado, 16 de maio de 2009

Edicións ACUÁTICAS

Ao mercar este libro, do escritor sevillano J.C. Carmona -que pedira na nosa cercana libraría- vin que era diferente, pois mandárono 100% resistente á auga.
Trátase dun formato que utiliza o revolucionario sistema que o fai completamente impermeable e de longa duración.
A carón das últimas tecnoloxías, resulta tamén moi agradable tocalo, pasarlle as follas.
Así que onde queiras: baixo a chuvia, na bañeira ou na ducha, na piscina, entre as ondas do mar,...

Ningún comentario :