martes, 13 de marzo de 2012

Gárgolas



Ata hai pouco tempo, Gregor era un neno coma os outros, de acordo, está ben, un pouco máis rosmón e solitario que a maioría, pero nada fóra do normal nun neno de 12 anos.


Coa cabeza chea de soños, imaxina vivir aventuras extraordinarias. Ata aquí todo normal, pero adiviñade a súa sorpresa cando, tras o descubrimento dun estraño medallón, Gregor se atopa en pleno século XVII, falando coma se nada en grego e vivindo no medio de seres máxicos e marabillosos.


Velaquí unha aventura extraordinaria para vivila! Sobre todo cando un é o encargado de salvar todo un mundo ignorado polos humanos!
Este é o comezo dunha nova serie de banda deseñada, Gárgolas, dunha noca editorial coruñesa que atoparedes na biblioteca xunto con outras novidades como tres títulos dos Barbazóns ou o xenial Spiru e Fantasio.

Ningún comentario :