luns, 5 de marzo de 2012

Inspirations



Grazas a Olimpia Saavedra descubrimos esta marabillosa recreación de mundos matemáticos, mecánicos e artísticos, todo agochado nunha pequena habitación. Hai toques Escherianos, crebacabezas e adiviñas matemáticas; por outro lado non faltan os xogos e as referencias ás obras clásicas e os autores do xénero.

Hai que velo unhas dez ou vinte veces para captar todos os detalles, referencias e guiños; unha auténtica marabilla.
Outras creacións de Cristóbal Vila de Eterea Estudio son Nature by Numbers o Snakes.

Ningún comentario :