Heller Higland é un anxo da morte. Durante o verán anterior ao 11 de setembro de
2001, percorre velozmente na súa bicicleta as rúas de Nova York, unha cidade que
semella se vai derreter. Heller, un adolescente maduro e consciente das
inxustizas que existen no mundo, traballa ao servizo da empresa Noticias Suaves
onde é o encargado de entregar as malas noticias. E faino de forma tan amable e
considerada que os destinatarios das súas entregas, a maior parte emigrantes
rusos, indios ou chilenos, o recoñecen como un mensaxeiro da esperanza.
“A cidade en chamas”, escrita en colaboración por Ariel Dorfman e o seu fillo, o
autor teatral, Joaquín Dorfman, constitúe unha das novelas máis orixinais e
exitosas para xoves das publicadas recentemente nos Estados Unidos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
Ningún comentario :
Publicar un comentario