Literatura e debuxo danse a man neste libro fermosamente traballado polas
artistas mans de Xosé Tomás, de tal maneira que se converte nunha experiencia
estética completa.
As mulleres de NÓMADES son persoas que o arriscan
todo para cruzar o mar polo futuro dos seus fillos; mozas e mozos que se
prostitúen para enviar diñeiro á casa, coa aceptación tácita das súas familias,
que "non preguntan"; mulleres que adquiren unha cualificación profesional e
académica e que chegan a situarse comodamente na sociedade, pero sen que por iso
sexan de todo aceptadas; anciás que se equivocan ao emigrar, porque xa é tarde
para acadar a integración; empregadas do fogar sen papeis que non inspiran nin
mágoa, porque son, no fondo, un problema económico e legal; e nenas que se
integran, que se abren camiño con normalidade na nova sociedade e borran toda
pegada dun pasado de dor e indefensión.
Ningún comentario :
Publicar un comentario