martes, 8 de novembro de 2016

No mes da ciencia: Táboa de elementos interactiva



Como xa saberedes, con frecuencia falámosvos acerca de diferentes proxectos relacionados ciencia. Nesta ocasión pareceunos realmente interesante destacar unha táboa periódica interactiva que mostra para que se usan os diferentes elementos químicos e explícanos as principais características dos mesmos, o que facilita enormemente a aprendizaxe da táboa.

Tal e como podedes ver na captura de pantalla que ilustra este artigo, unicamente é necesario acceder á ligazón para consultar a táboa periódica en formato interactivo. A súa principal peculiaridade é que a medida que imos pasando o cursor por encima de cada un dos elementos a web móstranos unha representación gráfica do seu uso e unha breve explicación, polo que o seu uso é realmente sinxelo.

Para ver máis información sobre o tema.

Ningún comentario :