Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías, etc. Este ano correspóndelle á sección de Estados Unidos ( USBBY), que difunde a mensaxe da escritora Margarita Engle (co título de «A música das palabras»), ilustrado por Roger Mello.Podedes ler a mensaxe traducida na web da Revista Babar ou en inglés na web IBBY
Ningún comentario :
Publicar un comentario