Hoxe no Instituto Cervantes de Moscú Ramón Villares dará unha conferencia virtual baixo o título de "Santiago de Compostela, unha cidade europea" no ciclo Cidades e paisaxes literarios de España celebrando o Ano Santo.
A urbe de Compostela nace na época altomedieval, nun cruzamento de camiños e sobre unha antiga necrópole, de onde deriva o topónimo Compostela ( terra composita). Sobre ela edifícase un santuario dedicado a honrar a un dos doce apóstolos, un lugar santo ao que se dirixen peregrinos procedentes de toda Europa e unha cidade que se converte na primeira do noroeste da península ibérica durante moitos séculos. No “halo” desta cidade fúndese a arte
Ramón Villares é Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, institución na que desempeñou o cargo de Reitor Magnífico (1990-1994). Foi Presidente do Consello da Cultura Galega (2006-2018) e é membro numerario da Real Academia Galega. Entre as súas múltiples publicacións merece destacarse Historia de Galicia (Galaxia, Vigo, 2004).
Ningún comentario :
Publicar un comentario