O 28 de setembro de 1928, o científico escocés Alexander Fleming descubriu a penicilina, un antibiótico producido polo fungo Penicillium chrysogenum.
A penicilina revolucionou o mundo da medicina, desenvolvendo un
papel esencial no salvamento da vida de millóns de persoas durante e despois da
Segunda Guerra Mundial pois, aínda que o seu descubrimento tivo lugar en 1928,
non foi ata 1942 cando outros dous científicos, Florey e Chain, lograron a
produción industrial deste composto.
Fleming, Florey e Chain recibiron o Premio Nobel de
Medicina en 1945 polos seus traballos.
Ningún comentario :
Publicar un comentario