"Agora a cousa cambiou bastante, pero eu recordo nos meus anos mozos, cando ía á escola, que os libros de texto para os nenos eran unha cousa espantosa, gris, cheos de letras e letras, e sempre pensei que os nenos aprenderían máis, non xa cos meus cómics, senón con calquera dos da miña época.
Eu véxoo cos meus
netos: agora os libros dos críos teñen outra vez moitos debuxiños e tal, pero
seguen sendo textos para ensinar. E eu creo que lendo simplemente as
historietas, os nenos aprenderían moitísimo máis. Non tan só a ler ou a
escribir, senón o que é a historia dun país, o que foi ocorrendo".
Francisco
Ibañez, entrevista en Jot Down no ano 2017.
A Consellería de
Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares
de Galicia de cara a este curso 2023/2024. O lema elixido, Unha Biblioteca Escolar en viñetas, quere poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda
deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.
A imaxe que interpreta
este lema proposto para o curso 2023-2024 é obra de Jorge Campos ilutrador,
arquitecto e artista do cómic. Un convite a pasear polas viñetas das nosas
bibliotecas escolares e a xogar coas cubertas que van de man en man da
comunidade educativa.
Un curso para
poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis protagonismo na colección
das bibliotecas escolares de Galicia. Para seguir concienciando que ler cómic
tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e autonomía lectora grazas
ao apoio visual. Que nos ofrece diferentes capas de lectura na que todos e
todas atopamos un espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e
artística e o desenvolvemeto da creatividade e a imaxinación.
banda deseñada, cómic ou manga e atoparedes verdaderas xoias!
Ningún comentario :
Publicar un comentario