O Día das Escritoras é unha iniciativa organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a asociación Clásicas e Modernas, Asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE)e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VIII Edición celébrase este ano 2023 o 16 de outubro.
E desde a nosa biblioteca queremos achegarvos e homenaxear a tres das escritoras galegas que están de norabóa recentemente polos seus Premios Nacionais:
• Marilar Aleixandre polo Premio Nacional de Narrativa pola súa novela As malas mulleres.• Paula Carballeira polo Premio Nacional de Teatro.• Yolanda Castaño polo Premio Nacional de Poesía.
Tres mulleres, tres galegas de nacemento e de convicción no caso de Marilar Aleixandre. Tres persoas relevantes na nosa cultura e por elas celebramos o Día das Escritoras.
Ningún comentario :
Publicar un comentario