Un achegamento perfecto para o público máis novo á cultura clásica e os seus mitos, nunha maxistral versión da última gran lenda da Idade Heroica, o asedio de Troia: coa súa caída comeza a Historia.
Roger Lancelyn Green achégase unha vez máis á mitoloxía, nesta ocasión para contar a extraordinaria historia de Helena, cuxo rostro lanzou mil naves ao mar, e a do xuízo de Paris; a da reunión dos todos os heroes e a do asedio de Troia; a do feroz Aquiles e o seu vulnerable talón, guerreiro criado con mel salvaxe e medula de león por un centauro; a de Odiseo, o último dos heroes, e o seu ardid do Cabalo de Madeira, e a das moitas aventuras na súa longa viaxe de regreso a Grecia. A Ilíada, a Odisea, a Eneida, o Agamenón, Ovidio, Homero, Sófocles... Só Lancelyn Green conseguiría recoller nun único volume e para o lector máis novo aos grandes da literatura clásica.
Ningún comentario :
Publicar un comentario