xoves, 24 de abril de 2008

Mes do libro: Amor pola lectura


“O amor pola lectura é algo que se aprende pero non se ensina. Da mesma forma que ninguén pode obrigarnos a namorarnos, ninguén pode obrigarnos a amar un libro. Son cousas que ocorren por razóns misteriosas, pero do que si estou convencido é que a cada un de nós hai un libro que nos espera. Nalgún lugar da biblioteca hai unha páxina que foi escrita para nós". Alberto Manguel

mércores, 23 de abril de 2008

XIX Feira do Libro de Ferrol


Nestes días, en todas as cidades conmemórase o Día do Libro, e na nosa comarca, tal e como anunciabamos a semana pasada, ademais das Xornadas Literarias sobre William Faulkner de Neda, convócase a XIX Feira do Libro de Ferrol.
Nesta feira ademais de actividades lúdicas como maxia, conta contos, talleres de "cómic" ou papiroflexia, gozaremos coa participación de escritores como Manuel Rivas, Luís García Montero, Antón Cortizas, Paula Carballeira,Teresa Moure, Farruco Graña, Rosa Aneiros ou Rafael Lema.(Ver programa)

Non deixedes de aproveitar esta ocasión de atopar ese libro que vos está esperando!

E saberiades dicir que sucedeu tal día como hoxe? Por que se conmemora o día internacional do libro un 23 de abril?

Mes do libro: Día do libro


Carlo Frabetti deixounos,ademais das súas obras que xa son un agasallo, estas verbas adicadas a tod@s os que amamos os libros e as bibliotecas. Disfrutade da mensaxe e si queredes saber mais poñede en práctica esta proposta didáctica ou facede a vosa recomendación nas pegadas da biblioteca, como vos dixemos o domingo...

martes, 22 de abril de 2008

Día Mundial da Terra



O día 22 de abril conmemórase o Día da Terra orientado á toma de conciencia dos recursos naturais da Terra e a súa manexo, á Educación Ambiental e á participación como cidadáns/as ambientalmente conscientes e responsables.
O Día da Terra foi celebrado por primeira vez nos Estados Unidos, Canadá e varios países de Europa Occidental, o 22 de abril de 1970. O seu obxectivo era propiciar o desenvolvemento dunha conciencia ambiental en todos os membros da poboación mundial.
Se queres facer algo:
Join 1.000.000 people worldwide, it is our time to change the politics of climate, register to vote, sign our sky petition...and watch out your ecological footprint, comproba si a túa forma de vida é sostenible ou tes que modificala, fai o test!

luns, 21 de abril de 2008

Mes del libro:¿Quieres ser escritor?

Esta es una recopilación de las 20 normas básicas y decisivas que todo aspirante a escritor deberá tener en cuenta si quiere llegar a ser un novelista de éxito y codearse con los best-sellers. Algunas nos las han hecho llegar y otras son fruto de nuestra propia experiencia editorial. Cuantas más pautas se dominen, más posibilidades tendrá un autor de destacarse en su nueva profesión.
Aquí van:
1. Lo primero: conoser vien la hortografia.

Seguir leyendo...

(Vía Libros en Red)

domingo, 20 de abril de 2008

Mes do libro: Libros que deixan pegada I


Cando abrimos un libro abrimos unha fiestra ao mundo, a moitos mundos, porque grazas a eles temos nas nosas mans a ocasión de viaxar, de ver, de coñecer, de aprender, de vivir outras vidas...
Se tivesemos que lembrar esas viaxes, eses mundos que coñecemos a través dos libros con cal deles nos quedariamos? Cal dos nosos libros recomendariamos a alguén que quixera soñar?
Todos levamos a impronta duns libros que nos deixaron pegada, non teñen que ser obras mestras; ás veces non teñen a calidade literaria dun Premio Nobel, senón que é un libro liustrado, un conto que nos leron de pequenos ou un poema que nos chegou moi fondo...
Fai a túa recomendación na pegada que atoparás na biblioteca, con elas faremos un camiño cara á biblioteca onde exporemos unha selección dos libros favoritos no Esquío, e contesta a este cuestionario..., pero sobre todo disfruta da lectura porque "non hai mellor fragata para levarnos a terras afastadas" (Emily Dickinson)








View this quiz on Quibblo
More quizzes on Quibblo
Quibblo

venres, 18 de abril de 2008

El Lazarillo de Tormes


Lazarillo de Tormes es, sin duda, una de las obras más importantes de la literatura española. Su realismo supuso una carta de presentación de una nueva narrativa que Cervantes, con su inmortal Quijote, se encargó posteriormente de certificar. Esta aplicación LIM recoge, en un amplio resumen con 24 diapositivas powerpoint, los episodios principales en la biografía del protagonista. Le sigue un análisis de la obra centrado en el género, la autoría y la crítica religiosa y social de la novela. La última parte está formada por una serie de actividades donde el alumnado podrá poner a prueba sus conocimientos sobre la novela.

(Vía El tinglado)