luns, 21 de setembro de 2020
Obxectivos da Axenda 20-30 para o Desenrolo Sostible
Día Internacional da Paz
É 21 de setembro e o mundo enteiro celebra hoxe o Día Internacional da Paz. Por iso escollemos a foto que podes ver na túa pantalla. Esa instalación que flota sobre o lago Zug, en Suíza, é “O barco da tolerancia”. Unha obra itinerante dos artistas rusos, aínda que fincados en Estados Unidos, Ilya e Emilia Kabakov, que levan anos promovendo unha mensaxe de esperanza.
A vela está composta por 120 paneis debuxados por outros tantos nenos de distinta procedencia, tanto xeográfica, como étnica, cultural e relixiosa. E percorreu medio mundo co obxectivo de achegar aos pobos utilizando a arte como medio de comunicación. E implicando aos máis pequenos para demostrarnos o que poderiamos facer xuntos se un día aparcásemos as nosas diferenzas.
mércores, 16 de setembro de 2020
venres, 11 de setembro de 2020
#MujeresEnLaCiencia
O pasado mes de febreiro, a Dirección General de Divulgación de la Ciencia da Universidad Nacional Autónoma de México dedicou unha serie de infografías a algunhas mulleres dedicadas á ciencia.
Son 29 as científicas recordadas a través desta iniciativa, mulleres que se dedican a diferentes disciplinas e proceden de países diversos.
Se queredes ver o resto de imaxes... Mulleres na ciencia.
martes, 8 de setembro de 2020
Feria del Libro online
La Feria del libro @eLibro_com se desarrolla desde el lunes 7 hasta viernes 11 de septiembre en YouTube: https://tinyurl.com/y4o96v24 vía @elibrovictoire
Del 7 al 11 de septiembre de 2020, más de 25 editoriales de América Latina y España se reunirán para ofrecerle presentaciones de libros, conversatorios con autores y ponencias de actualidad. Transmisión en vivo a través de YouTube. Encuentra más información en Feriavirtual.elibro.net
#FVEL2020 #EducaciónDigital #eLibro
Día Internacional da Alfabetización
domingo, 5 de xullo de 2020
Revista Entre Estudiantes online
venres, 3 de xullo de 2020
Carmen López López e Jordi Sierra i Fabra gañadores na LX edición dos Premios Lazarillo
Durante a mañá do xoves 2 de xullo, na Biblioteca Eugenio Trías de Madrid, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, OEPLI, anunciou o nome dos gañadores dos Premios Lazarillo. Na 60 edición destes galardóns, patrocinados polo Ministerio de Cultura e Deporte e McDonalds España, os gañadores foron a escritora Carmen López López. coa obra Unha nena pantasma, nas categoría Álbum ilustrado; e Jordi Sierra i Fabra con Como bágoas na choiva na categoría de Creación Literaria Optaron en total 30 obras no apartado Álbum ilustrado e 36 na categoría Creación Literaria.
Seguir lendo en Canal Lector