venres, 29 de maio de 2020

Telémaco en busca de Ulíses


Para apoiar a campaña #QuedaNaCasa e #EuQuedoNaCasa, son moitos os autores de banda deseñada que, de forma desinteresada e gratuíta, puxeron algúns dos seus traballos a disposición do internauta, para que poidamos facer máis levadeira a estadía nos nosos fogares. 
O prestixioso crítico de cinema e cómics Asier Mensuro recomendará algunhas destas publicacións nas que a cultura ou a historia están na base do guión, presentándonos algunhas que forman e entreteñen a partes iguais: Telémaco en busca de Ulises

xoves, 28 de maio de 2020

Aprende coas mulleres galegas


A Secretaría Xeral de Igualdade acaba de botar a andar o proxecto "Aprende coas mulleres galegas", co que pretende achegar unha serie de actividades para coñecer e afondar na vida de mulleres destacadas polo seu labor en distintos ámbitos. Os materiais sobre as distintas persoeiras iranse publicando na web da Secretaría. Pódense consultar as publicacións referidas a:
  • Maruja Mallo
  • Mª Victoria Moreno
  • Ángela Ruiz Robles
  • Concepción Arenal
  • Ángeles Alvariño
  • Ernestina Otero
  • Mª Josefa Wonenburger Planells
  • Emilia Pardo Bazán
  • Olimpia Valencia
  • Filomena Dato

mércores, 27 de maio de 2020

Agochado no andel 21...El librero de Kabul



Neste tempo de penuria e confinamento non nos esquecemos de achegarvos nesta fiestra esos fondos que non sabedes que están, obras que vos recomendamos non por ser novidade senón por ser esenciais, interesantes e relevantes para a vosa identidade lectora.

Seguimos con esta serie de presentacións para que a volta as escollades pois levan un tempo agochadas no andel... El librero de Kabul

martes, 26 de maio de 2020

Pildoras ALFIN


Como sabedes, na columnas do blog dispoñemos de varios paneis onde incorporamos os fondos da biblioteca por materias, pero tamén outras suxerencias como por exemplo as Píldoras ALFIN (Alfabetización Informacional ou mediática como se coñece últimamente), ao longo deste periodo de confinamento fomos incorporando varios recursos que seguro serán do voso interese e para mostra a última infografía e o panel ampliado:


Papiroflexia na casa con Jorge Pardo: facemos un peixe


Jorge Pardo, director da EMOZ (Escola Museo Origami de Zaragoza) e coordinador da exposición «Papiromates. Matemáticas + Creatividade = Papiroflexia», apréndenos a facer figuras básicas con papel.
Esta exposición, que itinerou xa polas sedes de ABANCA na Coruña e Ferrol, ilustra a vital relación entre as matemáticas e a papiroflexia ou origami, e nela puidemos desfrutar de pezas de valor case escultórico nas que non se usaron cola nin tesoiras, tan só papel encartado.

Recomendacións desde El Templo de las Mil Puertas


As librerías xa empezaron a abrir as súas portas. Á espera de certas ansiadas novidades, El Templo de las Mil Puertas achega unha quenda de recensións entre as que atoparedes estupendas historias (ás que quizá aínda non puidésedes fincarlles o dente) que amenicen esa nova espera. Agora máis que nunca, non esquezades darlles todo o voso amor non só a estas historias, senón sobre todo aos vosos libreiros.

luns, 25 de maio de 2020

Horario de atención ao público da biblioteca: servizo de devolucións e préstamos


Desde o 25 de maio ata o 19 de xuño o 
horario de atención ó público no servizo de devolucións e préstamos será os:

MARTES E XOVES DE 10:10 ás 12:30

Agochado no andel 20: Kamal y los alfabetistas



Neste tempo de penuria e confinamento non nos esquecemos de achegarvos nesta fiestra esos fondos que non sabedes que están, obras que vos recomendamos non por ser novidade senón por ser esenciais, interesantes e relevantes para a vosa identidade lectora.

Seguimos con esta serie de presentacións para que a volta as escollades pois levan un tempo agochadas no andel... Kamal y los alfabetistas, e de que vai?:


Como poden convivir, nunha historia urbana, alemáns, turcos, okupas, monstros, punkis, iluminados, nazis, anxos, resucitados, obsesos, bailaríns de Bollywood e o antigo alfabeto otomán? Aquí fano! Nesta trepidante aventura entre Istambul e Berlín; mediante un mosaico de culturas e unha colaxe de maneiras de ver e vivir a vida; a través dun ritmo Aquí fano! Nesta trepidante aventura entre Istambul e Berlín; mediante un mosaico de culturas e unha colaxe de maneiras de ver e vivir a vida; a través dun ritmo endiablado, a base de humor, ironía e gargalladas, con transformacións, violacións de morada, persecucións e teorías sobre o fin do universo incluídas