luns, 29 de novembro de 2021
El miedo restante
venres, 26 de novembro de 2021
Agochado no andel: Manipulación televisiva con Operación Antártida
Andrea White adiántase no tempo máis de setenta anos á serie coreana de tanto éxito con nome de animal acuático, e presenta uns Estados Unidos realmente cambiados nos que a vida, máis que nunca, converteuse en xogo de azar.
Operación Antártida conta a historia de cinco rapaces de catorce anos que son elixidos para concursar en «Sobrevivente histórico da Antártida», un reality show onde se recreará a tráxica expedición de Robert F. Scott ao Polo sur realizada en 1912. Unha novela onde leva ao extremo a manipulación provocada polos medios audiovisuais e que expón se realmente pódese marcar un límite.
Están realmente sós na súa viaxe? É posible alcanzar o Polo sur nesas condicións? Ata onde chegarán os responsables do programa con tal de aumentar a audiencia?
xoves, 25 de novembro de 2021
Anatomía dunha serea
Anatomía dunha serea nace da necesidade de contar unha historia íntima, de transformar un acontecemento único e ao mesmo tempo común a moitas mulleres nun acto escénico compartido. Un relato aparentemente unipersoal e illado que de pronto ten eco noutras persoas en todo o mundo, converténdose nunha historia global contada nunha voz soa. Anatomía dunha serea é un proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala das condicións nas que se dá a vida na sociedade actual, de como concibimos a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dun hospital ou dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados. Da falta de respecto pola intimidade nas contornas sanitarias e de certos tabús que persisten na sociedade hoxe e aquí. Mulleres e homes temos responsabilidade no que se conta nesta peza, e temos a posibilidade de mudar o relato e a Historia.
Contra a violencia de xénero 2021: pero de todos os xéneros, fagamos do amor escudo e do respeto liberdade
mércores, 24 de novembro de 2021
martes, 23 de novembro de 2021
luns, 22 de novembro de 2021
Contra a violencia de xénero 2021: Escondite inglés
Curta baseada no guión gañador do VII Concurso de guións contra a violencia de xénero 2020 da Deputación da Coruña.
A curta, realizada por dúas alumnas de 2º BAC do IES de Arzúa no curso 2020-21, pretende mostrar diferentes formas de violencia de xénero por motivos económicos a través dun xogo infantil con múltiples valores simbólicos.