martes, 31 de outubro de 2023

xoves, 26 de outubro de 2023

Polo Samaín... disfrutamos do medo, e tí?

 

Saberías dicir o título destas series e películas de medo?
Atréveste a mencionalas?

Participa no concurso con outro compañeiro, anota os títulos no Boletín de Samaín e deixao na biblioteca antes do 10 de novembro.

martes, 24 de outubro de 2023

Como dicía Ray Bradbury

 


Las bibliotecas son guardianas de la historia y el aprendizaje. En este #DíaDeLaBiblioteca, honramos su importancia en nuestra sociedad. on.unesco.org/3rS5GTU

Día das Bibliotecas Escolares.... e calquera outra


Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.  
 
"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns".

Desde a nosa biblioteca aportamos o noso gran de area lembrando un autor de recoñecido prestixio que os nosos alumnos non deben esquecer facendo lectura das súas obras e expoñendo a súa vida e creación literaria. Como sabedes este ano falamos de C.S. Lewis do que tedes a exposición na galería xunto cos materiais para o concurso.

Feliz Día das Bibliotecas porque ler é vivir dúas,
 tres, catro...infinitas veces!! 
Nunca deixemos de ler pois aprendemos a entendernos.

Lede a noticia completa no blog da Asesoría de BEs onde nos mencionan.

luns, 23 de outubro de 2023

Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI)

Na 23 a 29 de outubro: Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) traemos a proposta da UNESCO "Alfabetización mediática e informacional nos espazos dixitais: Unha Axenda Global Colectiva".

Porque alfabetización hoxe en día é moito máis que ler e escribir, é entender outras formas de comunicarnos. Botade unha ollada ao Pinterest Píldoras ALFIM que tedes á vosa disposición.

venres, 20 de outubro de 2023

Noite Internacional de Observación da Lúa 2023


A Agrupación de Astronomía Coruñesa Ío organiza no Castelo de San Antón, na Coruña, a Noite Internacional de Observación da Lúa, un evento mundial patrocinado pola misión Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO) e outras organizacións astronómicas da NASA. Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a toda a cidadanía cuxo obxectivo é contemplar o noso satélite a través de prismáticos e telescopios para así comprendelo mellor. Este ano o evento ía ter lugar o día 21 de outubro pero, debido á meteoroloxía, tivo que ser aprazado. Está previsto que se realice no mes de novembro. Estade pendentes!



xoves, 19 de outubro de 2023

Surfear na Rede: Campus FAD porque estar informado é ser intelixente

Educar aos máis novos no uso responsable da internet, ensinarlles a manexar as ferramentas dixitais de forma segura ou fomentar o seu pensamento crítico para evitar a desinformación en contornas dixitais son retos que educadores e familias temos que enfrontar no noso día a día. Surfear a Rede é un programa educativo dirixido a que o alumnado de Primaria navegue con seguridade (Se Xenial na internet) e a que o de Secundaria detecte e evite bulos e outro tipo de desinformación na rede (Eraser).

Tamén dispoñen de moitos outros recursos para que non nos enganen.

martes, 17 de outubro de 2023

No Día das Bibliotecas Escolares, 24 de Outubro, falamos de... C.S. Lewis


Como todos os anos, celebramos o 24 de outubro lembrando un autor de recoñecido prestixio que, quizáis, os nosos alumnos non leron ou non lembran. Neste caso falamos de C.S. Lewis coñecido por ser o autor das Crónicas de Narnia, un mundo de fantasía que non debemos esquecer.
Os alumnos de 1º BAC nos fixeron uns ropeiros fantásticos para ambientar a galería onde podedes ler a reseña biográfica do autor e recoller o boletín de participación no concurso
Tamén podedes atopar máis información no site específico de No Día das Bibliotecas Escolares, 24 de Outubro, falamos de...

Lembrade que sempre hai premios e non deixedes de ler a C.S. Lewis!!
Tedes ata o 30 de outubro para presentar as vosas solucións.