martes, 31 de outubro de 2023
I Concurso de postal de Nadal científica
xoves, 26 de outubro de 2023
Polo Samaín... disfrutamos do medo, e tí?
Participa no concurso con outro compañeiro, anota os títulos no Boletín de Samaín e deixao na biblioteca antes do 10 de novembro.
martes, 24 de outubro de 2023
Como dicía Ray Bradbury
Día das Bibliotecas Escolares.... e calquera outra
Desde a nosa biblioteca aportamos o noso gran de area lembrando un autor de recoñecido prestixio que os nosos alumnos non deben esquecer facendo lectura das súas obras e expoñendo a súa vida e creación literaria. Como sabedes este ano falamos de C.S. Lewis do que tedes a exposición na galería xunto cos materiais para o concurso.
tres, catro...infinitas veces!!
Nunca deixemos de ler pois aprendemos a entendernos.
luns, 23 de outubro de 2023
Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI)
Na 23 a 29 de outubro: Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) traemos a proposta da UNESCO "Alfabetización mediática e informacional nos espazos dixitais: Unha Axenda Global Colectiva".
Porque alfabetización hoxe en día é moito máis que ler e escribir, é entender outras formas de comunicarnos. Botade unha ollada ao Pinterest Píldoras ALFIM que tedes á vosa disposición.
venres, 20 de outubro de 2023
Noite Internacional de Observación da Lúa 2023
xoves, 19 de outubro de 2023
Surfear na Rede: Campus FAD porque estar informado é ser intelixente
Educar aos máis novos no uso responsable da internet, ensinarlles a manexar as ferramentas dixitais de forma segura ou fomentar o seu pensamento crítico para evitar a desinformación en contornas dixitais son retos que educadores e familias temos que enfrontar no noso día a día. Surfear a Rede é un programa educativo dirixido a que o alumnado de Primaria navegue con seguridade (Se Xenial na internet) e a que o de Secundaria detecte e evite bulos e outro tipo de desinformación na rede (Eraser).
Tamén dispoñen de moitos outros recursos para que non nos enganen.