martes, 25 de septiembre de 2007

Seis arcos iris en Noruega


Viches algunha vez seis arcos iris á vez? Non son só pouco frecuentes: son difíciles de entender.
O arco iris común está causado pola reflexión interna da luz solar na parte traseira das pingas de choiva, á vez que é refractada na interfase aire/auga.
O arco iris primario é a franxa de cores máis intensas na imaxe.
As reflexións internas múltiples no interior das gotitas de auga fan que ás veces chegue a verse un arco iris secundario cun ángulo maior que o primeiro e as cores en orde inversa. Na parte esquerda pode verse un arco así.
O terceiro arco entre ambos é máis difícil de explicar . Este terceiro arco está causado probablemente pola luz do Sol que previamente se reflectiu no lago antes de chegar ás pingas.
Cada un destes arcos iris parece verse reflectido no lago en calma, aínda que, como as posicións dos arcos iris dependen da posición do espectador, as imaxes reflectidas parecen estar algo desprazadas .
(Vía Observatorio)

1 comentario :

biblioarzua dijo...

¡Que pasada!. Gústame a vosa idea de incluír cuestións de ciencias, creo que é fundamental para unha formación integral da persoa. Nos tamén lle estamos a dar voltas aínda que non acabamos de concretalo,xa que as explicacións non son tan fáciles, sobre todo porque o coñecemento científico sole ser bastante limitado.
Noraboa e seguiremosvos