viernes, 28 de septiembre de 2007

Wiki mola


A wikipedia é unha enciclopedia libre e plurilingüe, escrita por voluntarios de xeito colaborativo e que permite que calquera artigo sexa modificado por calquera persoa con acceso mediante un navegador web.
Actualmente ten edicións en máis de 230 idiomas (das que están activas 137) e en 15 edicións teñen máis de 50.000 artigos. Aquí tedes enlaces á edición en Galego, Catalán, Euskara, Asturianu, Español, Inglés, Francés, Portugués, ....

Participar neste movemento é sinxelo, podes crear un novo ou colaborar en calquera dos que hai. Se queres animarte e crear un, o programa Mediawiki e a súa páxina oficial farano posible.

Unha mostra do que podemos facer entre todos está en http://wiki.nomasnumeros900.com/Portada, ¿a que ti tamén estás farto de pagar por falar cos diferentes números 900? Pois aquí tes os números alternativos nos que as chamadas sáenche gratis se tes un bono a teléfonos fixos. E se sabes de algún, pois xa estás tardando en entrar na páxina e poñelo en coñecemento da comunidade.

No hay comentarios :