miércoles, 17 de octubre de 2007

Paradoxas


Estes días, entre todas as coleccións que inundan os kioskos, apareceu unha de matemáticas. E o primeiro libro, ¡Ajá! Paradojas que hacen pensar, é fantástico. Nel Martin Gardner recopila as paradoxas máis coñecidas e as explica de xeito que non é preciso ser un experto matemático para comprendelas.
Por exemplo, ¿sabías que nunha aula de 23 alumnos, hay unha probabilidade superior ó 50 % de que dous naceran o mesmo día? E que si na aula houbese 30 alumnos, a probabilidade é superior ó 70 %. E se colleras cen alumnos, a probabilidade sería de 3 millóns de casos favorables fronte a un desfavorable.
Outra curiosidade, se colles a túa data de nacemento, por exemplo, 3 de xullo de 1993 e escribes 371993, reordenas as cifras ó chou, por exemplo 331997. Restas o maior do menor, da 39996, sumas as cifras, da 36, e volves sumar, dá nove. Proba con calquera data de nacemento, reordea as cifras como queiras e repite o procedmento. Sempre dá nove.
Por último, fíxate nas formigas da figura, poden percorrer as dúas caras da fita sen cambiar de rumbo. Clica na imaxe para ver o movemento. Esta fita é coñecida como Fita de Moebius. E se che gustou o debuxo podes buscar no wikipedia ou no google datos sobre M. C. Escher e visitar a súa páxina oficial. Foi un mestre na representación de paradoxas visuais.
E se queres máis, tamén existen paradoxas musicais. Pero eso, será outro día.
Por certo, o libro está á vosa disposición na biblioteca.

1 comentario :

Oki dijo...

Moi interesante e divertido. A verdade que as matemáticas moitas veces son sorprendentemente entretidas.