lunes, 31 de marzo de 2008

Mes do libro: Os libros iluminan, o coñecemento encanta


Desde 1967, o 2 de abril as Seccións Nacionais de IBBY organizan a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil para estimular o amor pola lectura e para promover o interese polos libros para nenos.

Cada ano, un país membro de devandita organización actúa como patrocinador internacional desta celebración. En 2008, a sección IBBY Tailandia foi designada patrocinador internacional. Para esta tarefa, a organización convocou ao artista Chakrabhand Posayakrit, quen foi o encargado de preparar a mensaxe e deseñar o poster do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Entre as súas palabras rescatamos as seguintes:

"A busca do saber a través da lectura debe recibir un trato prioritario e cómpre que se fomente dende a infancia."


Pero, ¿por qué celebrase nesta data? O vindeiro 2 de abril é o aniversario do nacemento do escritor Hans Christian Andersen, autor de maravillosos contos que acompañaron aos nenos do mundo durante todos estes anos.
Recórdalos todos?


No hay comentarios :