luns, 25 de maio de 2026
venres, 22 de maio de 2026
Nova edición dun clásico: Frankenstein
Neste volume preséntase o texto definitivo que Mary Shelley quixo legar ao mundo. A historia comeza cunha expedición ao Ártico, onde un mozo científico chamado Victor Frankenstein relata a súa ambición de dominar os segredos da vida. O resultado do seu experimento —unha criatura que desafia os límites da natureza— desencadea un drama sobre a liberdade, a vinganza e a responsabilidade do coñecemento. Esta obra fundacional da ciencia ficción continúa interpelando ao lector coa súa carga filosófica e emocional.
Un caderno de notas do propio doutor Frankenstein, deseñado polo ilustrador, complementa esta edición de luxo. A partir dos 14 anos, este clásico convértese nun agasallo perfecto para mozos e persoas adultas que valoran a literatura con profundidade. Ademais, a súa publicación cobra especial relevancia coa estrea en 2025 dunha esperada adaptación cinematográfica dirixida por Guillermo del Toro. Un libro imprescindible para redescubrir a alma tráxica do monstro que cambiou a historia.
xoves, 21 de maio de 2026
Premio Princesa de Asturias Cooperación Internacional 2026: Bóveda Global de Semillas de Svalbard
Inaugurado en 2008, cunha extensión de máis de mil metros cadrados, repartidos en tres almacéns, ten como obxectivo salvagardar a diversidade de sementes de cultivos destinados a alimentación para garantir a subministración futura en caso de perda debida a desastres naturais, conflitos humanos, cambios nas políticas, mala xestión ou calquera outra circunstancia.
Un premio para a esperanza.
Seguir lendo na Fundación Princesa de Asturias
mércores, 20 de maio de 2026
Visita a Celanova
Esperamos que desfrutedes da reportaxe gráfica da visita tanto como nós desfrutamos do día!
luns, 18 de maio de 2026
Día dos Museos: "unindo un mundo dividido”.
Con motivo do Día Internacional dos Museos, a Rede de Grandes Espazos de Divulgación (GEDIC) do CSIC súmase a esta celebración cunha variada programación de actividades repartida por todo o territorio. Puertas abertas, espectáculos musicais, charlas, talleres ou visitas guiadas achegarán a ciencia e a cultura científica a públicos de todas as idades ao redor do 18 de maio.
Seguir lendo na web do CSIC ou na web da Consellería para ver as actividades na nosa comunidade.
venres, 15 de maio de 2026
Día das Letras Galegas: Begoña Caamaño
mércores, 13 de maio de 2026
Novedades: Yo quería entender el universo
Dunha das nosas escritoras favoritas presentamos unha novela chea da tenrura do primeiro amor e de anécdotas científicas curiosas, perfecta para descubrir o lado máis apaixonante da ciencia.
Como influencer de lifestyle, Emma está acostumada recibir mensaxes raras. Pero o de Andrés destaca entre todos os demais: ao parecer, o seu pai e a nai de Emma foron amigos na universidade, e Andrés atopou algunhas cartas en grao sumo interesantes desa época. Nelas, os mozos Emilio e Laura falan da súa paixón pola física, a bioloxía, a xenética... do que non falan é do moito que se gustan, aínda que, para Andrés e Emma, iso é máis que evidente.
Alén de coñecer mellor a Andrés, as cartas de Laura e Emilio espertarán en Emma unha inquietude científica que cría durmida.
martes, 12 de maio de 2026
12 de maio: Día Escolar das Matemáticas
O Día Escolar das Matemáticas é unha iniciativa educativa que busca achegar as matemáticas ao alumnado dun xeito dinámico, contextualizada e participativa, promovendo cada ano unha temática de especial relevancia social e educativa.
O Día Escolar das Matemáticas (DEM) 2026 que se conmemora hoxe 12 de maio está dedicado este curso escolar 2025/2026 ao pensamento computacional e á intelixencia artificial, dous ámbitos fundamentais para comprender os retos educativos e tecnolóxicos do presente e do futuro.
O encargado de desenvolver esta temática será Luis Miguel Iglesias Albarrán, membro da Sociedade Andaluza de Educación Matemática Thales, quen elaborou un caderno didáctico dirixido ao profesorado e ao alumnado co obxectivo de achegar estes conceptos de xeito práctico e accesible.
sábado, 9 de maio de 2026
Día de Europa
O 9 de maio de 1950, o ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, pronunciou un discurso histórico e expuxo un plan para unha maior cooperación en Europa. Coñecida como a Declaración Schuman, achandou o camiño para unha nova era de paz, integración e cooperación en todo o continente, e sentou as bases da Unión Europea tal como a coñecemos hoxe.
No mundo actual, que está en constante evolución e cheo de desafíos, a nosa Unión debe manterse forte e independente. Isto implica unirnos para reforzar a nosa seguridade, impulsar a prosperidade e protexer a nosa liberdade para decidir en que tipo de sociedade e democracia queremos vivir.
O Día de Europa constitúe unha oportunidade para recoñecer isto e celebrar a comunidade de valores que representamos e que protexemos e fortalecemos conxuntamente. Esta ocasión especial tamén brinda a oportunidade de conectar coa cidadanía e mostrar como está a traballar a UE para protexer e crear oportunidades para as persoas e promover asociacións a escala mundial.
En 2026, a celebración do Día de Europa foi aínda máis especial. Alén de conmemorar os 40 anos transcorridos desde que Portugal e España adheríronse á UE, tamén celebramos o 40º aniversario das primeiras celebracións oficiais do Día de Europa e o uso público da bandeira e o himno da UE.
sábado, 2 de maio de 2026
Tal día como hoxe 2 de maio: Leonardo da Vinci, un visionario da ciencia
Leonardo da Vinci, o gran artista do Renacemento, modelo do home universal, foi tamén un xenio científico e tal día como hoxe morría no ano 1519.
Á parte da súa obra pictórica, tan exquisita como escasa, houbo un Leonardo dedicado á observación rigorosa, o experimento e a formulación exacta de principios xerais a partir da experiencia empírica.
Nos miles de páxinas dos seus cadernos de notas, que só empezaron a ser estudados a fondo nas últimas décadas, atopamos anticipacións de moitos desenvolvementos posteriores da ciencia moderna. Os seus contemporáneos sabían que Leonardo dedicaba boa parte do seu tempo ao estudo da filosofía natural, que é como se chamaba á ciencia entón (o termo inglés 'scientist' non apareceu ata 1840) e así mesmo temos constancia de que Leonardo planeaba publicar numerosos tratados científicos cos materiais recolleitos nos seus cadernos.Se queres botar unha ollada ás súas obras, visita o noso catálogo.
A súa figura é tan relevante que o robot cirúrxico que se emprega hoxe en día paraintervencións minimamente invasivas de alta precisión, leva o seu nome. Permite aos cirurxiáns realizar intervencións complexas a través de pequenas incisiones utilizando brazos robóticos controlados desde unha consola, ofrecendo visión 3D, maior destreza e supresión do tremor manual.
Así que cando escoites falar de este robot pensa que un home que naceu fai máis de 500 anos, tivo a curiosidade de observar a natureza e copiar dela cos seus inventos sendo un adiantado á súa época.
venres, 1 de maio de 2026
xoves, 30 de abril de 2026
Manuel Rivas, premio dos Clubs de Lectura 2026
Onte tivemos a sorte de poder compartir con el unha videoconferencia na XVIII Xornada dos Clubs de Lectura, na que salientou "a importancia da boca da literatura, pois esta non fala para un discurso nin para un axioma, senón para ver o que non está ben visto, para achegarse á zona secreta do ser humano que fala da dúbida, da complexidade, do matiz".
martes, 28 de abril de 2026
Entrega de premios polo Día de Rosalía
Facemos esta publicación cun pouco de retraso pero, por fin, velaquí tedes as gañadoras absolutas do concurso "O rosco de Rosalía", co que conmemoramos o Día de Rosalía este curso:
- Uxía Lorenzo Pérez, de 2º A de Bacharelato.
- Alejandra Romero Díaz, de 2º A de Bacharelato.
Parabéns, rapazas!
martes, 21 de abril de 2026
23 de abril: Día do Libro, a súa historia
luns, 13 de abril de 2026
XXI Xornadas Literarias do Concello de Neda: Galician Noir
luns, 6 de abril de 2026
xoves, 2 de abril de 2026
Día do Libro Infantil e Xuvenil: "Planta historias e o mundo florecerá"
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil (DILI, ou ICBD nas súas siglas inglesas) co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional desta efeméride e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe e o cartel dirixido a todos os nenos do mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías, etc.
En 2026, o país elixido é Chipre, e o cartel está feito por dous creadores de libros infantís. O tema deste ano é “Planta historias e o mundo florecerá” (Plant stories and the world will bloom), un fermoso lema que recoñece o valor das historias, os libros e a lectura, así como o seu potencial para mellorar o mundo, á vez que salienta a necesidade de adoptar opcións de vida máis respectuosas co medio ambiente.
Seguir lendo en Babar.
venres, 27 de marzo de 2026
xoves, 26 de marzo de 2026
mércores, 25 de marzo de 2026
Esta Semana Santa, xeorutas
Desde o próximo sábado 28 de marzo e ata o domingo 5 de abril, haberá diferentes actividades polos distintos concellos que abrangue o Xeoparque Cabo Ortegal: desde xeorutas a pé ou a cabalo, ata a vía ferrata da Senda do Santo.
venres, 20 de marzo de 2026
Nova data para o Día de Internet Segura 2026
martes, 17 de marzo de 2026
mércores, 11 de marzo de 2026
II Día de Ibáñez
Con motivo do II Día Ibáñez, Bruguera, selo de Penguin Random House Grupo Editorial que publica as súas obras desde hai máis de 60 anos, presentou este venres unha homenaxe que levará o universo creativo de Francisco Ibáñez a distintos puntos de Barcelona no ano en que o autor cumpriría 90 anos.
A cidade acollerá un roteiro de dioramas inspirados nas súas viñetas máis icónicas, protagonizados por personaxes como Mortadelo e Filemón, Rompetechos ou O botóns Sacarino. Estas pezas instalaranse en diferentes espazos vinculados á lectura, os cómics e ao propio autor, e recrean escenas "cheas de detalles e humor" características do estilo de Ibáñez.
A iniciativa busca reivindicar a vixencia de personaxes como Mortadelo e Filemón, 13, Rue do Percebe, O botóns Sacarino e Rompetechos, que seguen formando parte da memoria cultural colectiva.
Se queredes saber máis de Mortadelo e Filemón, visitade a web non oficial.
venres, 6 de marzo de 2026
Novidades: Historia revisada de las mujeres
xoves, 5 de marzo de 2026
8 de Marzo Pola Igualdade
martes, 3 de marzo de 2026
luns, 2 de marzo de 2026
luns, 23 de febreiro de 2026
Día de Rosalía
Cada 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía. Este curso, nós rendémoslle unha pequena homenaxe a través do concurso "O Rosco de Rosalía", un pasapalabra relacionado coa vida e obra da autora. Tedes ata o 18 de marzo para entregar as vosas respostas na biblioteca. Animádevos a participar!
venres, 20 de febreiro de 2026
Científica Galega do Ano 2026
A oceanógrafa Aida Fernández Ríos foi nomeada Científica Galega do Ano 2026 pola Real Academia Galega. Trátase da primeira muller que dirixiu o Instituto de Investigacións Mariñas. Especializada nos cambios físico-químicos dos océanos e a súa relación co clima, participou en 30 campañas oceanográficas por todo o mundo, cinco delas como xefa científica. Ademais, formou parte dun programa internacional que contribuíu á primeira avaliación global de dióxido de carbono oceánico causado pola actividade humana, que evidenciou o problema da acidificación dos océanos. En 2015 ingresou como académica numeraria.
mércores, 11 de febreiro de 2026
Día da Muller e da Nena na Ciencia
luns, 9 de febreiro de 2026
Julio Verne, o escritor que predixo o futuro
En 1970, Verne creou o Nautilus, un submarino eléctrico autónomo que funcionaba grazas a baterías recargables. Hoxe, submarinos modernos usan principios similares. Ademais, escribiu sobre un foguete tripulado capaz de chegar á Lúa e regresar á Terra 104 anos antes de que este feito tivera lugar. Para isto, Julio Verne era meticuloso coa ciencia: consultaba bibliotecas, científicos e revistas da súa época para que todo tivera lóxica.
As súas historias inspiraron a inventores e científicos reais. Anímate a ler algunha das súas obras!
venres, 6 de febreiro de 2026
Gañadores concurso DENVP
A clasificación do concurso do Día Escolar da Non Violencia e a Paz son:
- Primeiro premio: Estela Merlán e Antía Suárez de 2º ESO
- Segundo premio:Julio Anidos e Nelson Bonome de 2º BAC
- Terceiro premio: Saúl Vázquez e Sergio Martínez de 3º ESO
venres, 30 de xaneiro de 2026
Día Escolar da Non Violencia e a Paz
Por último, deixade vos o voso lema respecto a esta data.
Día da Ilustración 2026
Como cada 30 de xaneiro, hoxe celébrase o Día da Ilustración. Este ano, o artista homenaxeado é Siro, caricaturista, debuxante, pintor, xornalista e escritor nado en Ferrol en 1943.
Ademais de álbums de debuxos, caricatura e humor, Siro ilustrou cartelería e libros de diversos autores/as e editoriais e, ao longo da súa carreira, tamén traballou nunha serie de proxectos máis aló do debuxo. Así, xunto a Xaquín Marín, impulsou o Museo do Humor de Fene, inaugurado en 1984; escribiu guións e dirixiu programas de radio e televisión: Imos aló?, pioneiro por ser o primeiro curso de galego emitido na TVG (1989 e 1990) e Corre Carmela que chove, que se mantivo 21 anos en antena facendo terturlia de actualidade en clave de humor. En 1990 deseñou a Praza do Humor (A Coruña).
Tal día coma hoxe...os Beatles deron o seu último concerto
Á primeira hora da tarde do 30 de xaneiro de 1969, os transeúntes de Savile Row, en Londres, presenciaron un momento histórico: na azotea da sede de Apple Corps, os Beatles ofreceron o que sería o seu último concerto xuntos.
O concerto de 42 minutos, interrompido pola intervención policial, incluíu interpretacións de "One After 909", "Dig a Pony" e "I've Got a Feeling", que se incluíu no último álbum da banda, Let It Be (lanzado en maio de 1970, aproximadamente un mes despois de que se confirmase a separación dos Beatles). A improvisación na azotea tamén incluíu varias versións de "Get Back" e "Don't Let Me Down", ademais dunha improvisación de "God Save the Queen".
Con todo, este momento icónico na historia dos Beatles estivo a piques de non ocorrer. A principios dese mes, o 2 de xaneiro, Paul McCartney, John Lennon, George Harrison e Ringo Starr reuníronse nos estudos de cinema de Twickenham para compoñer cancións para un especial de televisión de finais de xaneiro. Desde o seu último concerto oficial en agosto de 1966, os Beatles envorcáronse con forza na experimentación en estudo e querían producir algo máis cru que os seus últimos álbums. Un equipo de filmación estaba en Twickenham documentando o inminente regreso da banda aos escenarios para o especial de televisión, pero ninguén estaba seguro de onde sería ese escenario: o London Palladium, as pirámides de Giza, un cruceiro e un anfiteatro libio eran algúns dos candidatos.
Os plans para un espectáculo extravagante frustráronse, pero a banda seguía querendo actuar. Finalmente optaron por unha actuación improvisada na azotea. A multitude congregouse na rúa. As queixas dos veciños polo ruído levaron á policía para forzar a finalización do concerto; ameazouse con arrestos, pero non se presentaron cargos.
martes, 27 de xaneiro de 2026
A pintura rupestre máis antiga do mundo
Toda a información aquí.
luns, 26 de xaneiro de 2026
venres, 23 de xaneiro de 2026
Plataforma E-LB2 formación para as familias
A plataforma E-LBE.2 ofrece a posibilidade de lectura a través de préstamos dixitais. O día 10 de marzo haberá unha formación online destinada ás familias para que poidan aprender como utilizar esta ferramenta conxuntamente co alumnado.
Quen queira participar só ten que clicar sobre o enlace de acceso ao formulario e conectarse o día da formación seguindo as instrucións que lle cheguen ao correo.
Podedes escoitar a charla conxuntamente familias e alumnado, posto que o préstamo de libros de lectura persoal está a disposición tanto para vós como para elas. Só teriades que pedir os códigos de acceso en biblioteca.
luns, 19 de xaneiro de 2026
Formación E-LBE.2 para docentes
A plataforma E-LBE.2 ofrece a posibilidade de préstamo dixital para os usuarios da biblioteca escolar. Se queredes asistir a algunha destas formacións para docentes, só tedes que cubrir o seguinte formulario de solicitude.
venres, 16 de xaneiro de 2026
xoves, 15 de xaneiro de 2026
Novidade: Castelao integral
martes, 13 de xaneiro de 2026
Preparándonos para a Paz:
luns, 12 de xaneiro de 2026
Tal día coma hoxe... Agatha Christie
xoves, 8 de xaneiro de 2026
O calendario do Libro e da Lectura do 2026 homenaxea a Otero Pedrayo e José Suárez
En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López.
Neste ano 2026 destaca a conmemoración do Ano Oteriano, tras a declaración oficial do Parlamento de Galicia co gallo de cumprirse o cincuenta aniversario do pasamento desta figura esencial das letras, o pensamento e identidade galega contemporánea, así como tamén o centenario da publicación de Guía de Galicia, unha das súas grandes obras. Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vaise tirar proveito deste acontecemento como nexo de unión a prol da nosa cultura e lingua cunha extensa programación enfocada desde moi diversos ámbitos. ....seguir lendo.
Comezamos o novo ano...tal día como hoxe Marco Polo falecía Marco Polo en 1324.
Marco Polo partiu de Venecia cara a Asia no século XIII. Atravesou Persia, Mongolia e China, e acabou converténdose en emisario do mismísimo Kublai Kan. Pero Marco Polo non só viaxou: tamén o contou. As súas descricións sobre Pequín, o Gran Kan e as riquezas de Oriente cambiaron para sempre a mentalidade dos europeos. Con todo, a súa fama vai acompañada da polémica: dixo sempre a verdade? Para moitos, é o gran explorador da Idade Media. Para outros, un gran fabulador.... se queres descubrir algo máis deste personaxe consulta no noso catálogo.

.jpg)

































