jueves, 8 de mayo de 2008

Letras Galegas 2008



"Meu pai era un curioso absoluto, un activista cultural"

Con estas palabras Xosé María Álvarez Cáccamo describía ao seu pai nunha entrevista concedida a El País con motivo do seu nomeamento como autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.
Outras personalidades do mundo das letras falaban del como "buscador de tesouros","pedagogo", "erudito" ou como dicía Otero Pedrayo:

Ouh, bon novelista, poeta, erudito,
xentil deportista das grorias do mito
que as risas das foulas do mar de Coruxo
gobernas con vellos saberes de bruxo
e, rei da badía, novo Poseidón,
deica o vago Ponto levas teu blasón,
nas azas do vento chegou a Trasalba
túa epístola leda, estrofa bivalva,
con legrías boas, cordas de amizade
soantes cos ritmos da vella saudade
que nos cingue ós poucos bos e xenerosos...

Desde o corazón do Fernando Esquío recordamos a este outro poeta con sabor a antigo, compilador de autores medievais, con unha exposición e recitais dos seus poemas.
Si queredes comprobar canto sabedes del, intentade o crucigrama do noso último boletín....
... bó día das Letras Galegas e moitos libros para disfrutar!

No hay comentarios :