martes, 13 de maio de 2008

Libros con pegada II

No instituto, a incansable Begoña, preguntounos por libros que nos deixaron pegada, e pensando niso lembrei un que lin hai tempo e que me gustou moito. Trátase dun libro de contos de Manuel Rivas titulado, Que me queres amor? Hai momentos en que meterse a ler unha novela de centos de páxinas supón un compromiso demasiado forte e un libro de contos permite escoller o ritmo, reler o que nos gusta e incluso deixalo no medio para retomalo máis adiante. Eu, persoalmente lino de seguido a primeira vez e de cando en vez leo algún conto e sempre atopo algo novo.

Invítovos a ler estas dezaseis narracións fermosas e cheas de sentimento. Para os que non o coñezades dicirvos que entre elas está “A lingua das bolboretas” que despois se transformou en película e que tamén temos no Esquío.
Outros libros de Manuel Rivas na biblioteca.
Páxina web oficial de Manuel Rivas.

Manuel Rivas na wikipedia galega.

Ningún comentario :