viernes, 23 de mayo de 2008

Quen dixo que a Historia era aburrida?


Como vivían os nosos antepasados? Que carácter tiña Isabel a Católica? Por que non podían votar as mulleres? Quen foi Goya? Como foi a Guerra da Independencia?... Manuel Fernández Álvarez, membro da Academia da Historia e catedrático da Universidade de Salamanca, acaba de publicar Pequena Historia de España (Espasa), destinada a rapaces entre 9 e 12 anos, aínda que se pode ler a calquera idade.
Fernández Álvarez relata a nosa historia con moita sinxeleza e de maneira divertida: "O gran reto foi que contar e como contalo. Fuxín das datas e nomes de batallas. Claro que algunha hai que poñer, algunha simbólica como a batalla de Tolosa, que ademais ten unha data fácil de lembrar, 1212. Intentei destacar os aspectos humanos, contar de que maneira vivían nas diferentes épocas, explicalos como un conto e resaltar en cada capítulo os aspectos culturais, artísticos da época, o pulo que, nese terreo, España tivo na historia e así evitar ter que coller a espada todo o tempo", afirma Manuel Fernández Álvarez, que confesa que un dos capítulos que máis lle custou é o da Guerra Civil pola carga de emotividade que comporta. A pequena historia termina cun breve epílogo da Transición e acaba cun glorioso: "¡Viva a liberdade!".
Proximamente a incorporaremos ao noso Catálogo.
Ah, e as ilustracións son de Julius...


Información elaborada a partir do xornal El País e a editorial Espasa.

No hay comentarios :