miércoles, 31 de enero de 2018

Galicia, nos extraordinarios mapas de Pedro Teixeira

Mapa da ría de Ferrol

Pronto cumprirá 400 anos unha obra mestra da cartografía que retrata a nosa costa. Porque o portugués Pedro Teixeira acometeu, dende 1622, o traballo titánico de trazar os principais portos de España e Portugal. Fíxoo por encargo de Felipe IV, o Rei Planeta, o último que gobernou conxuntamente os dous países ibéricos. E o seu nivel de detalle, o seu peculiar estilo e a súa perspectiva deron fama á súa obra, a pesar de que estivo perdida durante séculos, ata que foi recuperada nunha biblioteca de Viena.
A “Descrición de España e das costas e portos dos seus reinos” foi publicada en 1634 en Anveres e vén ser o Google Earth da Idade Moderna. E, para retratar Galicia, pateou arreo o seu litoral. Sabemos que estivo aquí porque, para realizar a súa obra, iniciou unha viaxe en 1622 en Hondarribia (Guipúscoa) e deu a volta á península Ibérica, legua tras legua, ata rematar na costa mediterránea.
Por desgraza, non se conserva ningún documento sobre o seu periplo nin sobre o seu paso por Galicia. Pero, por fortuna, quédanos a súa obra.

  

Recoñecedes estas imaxes?

Aquí podes ver e descargar os mapas de Galicia trazados por Pedro Teixeira,  segundo compilación do profesor da USC Alfredo Vigo Trasancos xunto a Jesús Ángel García e Miguel Taín Guzmán.


No hay comentarios :