luns, 14 de outubro de 2019

IV Día das escritoras: mulleres, amor e liberdade


Hoxe se conmemora o Día das escritoras, unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mujeres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias ( FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas que, desde o ano 2016, busca reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

Cada ano, esta celebración leva a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro, no Salón da Actos da Biblioteca Nacional de España e noutras entidades e institucións nacionais e internacionais que se suman á iniciativa.
Para cada edición desígnase unha comisaria, que elixe o tema en torno ao cal realiza unha selección de textos de destacadas escritoras españolas e hispanoamericanas, que posteriormente son lidos por persoas de recoñecido prestixio social e cultural, entre as que hai unha especial representación de creadoras en activo. E este ano o lema é "Mulleres, amor e liberdade".

Desde a biblioteca do noso centro queremos sumarnos a esta celebración sacando as obras dos andeis e facendo unha mostra no corredor. Nesta inclúense obras curiosas que quizais non saberíades que estaban esperando por vos, botádelle unha ollada, será todo un descubrimento!



Ningún comentario :