sábado, 5 de marzo de 2022

Día do Cómic

 O 5 de marzo celebrarase por primeira vez o Día do Cómic, en conmemoración do mes no que naceu a mítica revista “TBO”. Trátase dunha xornada de celebración da cultura do cómic cuxo obxectivo é “promover a divulgación do medio artístico, reivindicar o seu papel social e de recuperación da memoria artística e histórica dos autores españois”.

O encargado de ilustrar o cartel desta primeira edición do Día do Cómic foi Magius (Diego Corbalán), recentemente galardoado co Premio Nacional do Cómic 2021.

Ver no noso catálogo os fondos de banda deseñada e cómic.

Ningún comentario :