venres, 4 de marzo de 2022

Lectura Dixital para as Bibliotecas Escolares

Preme na imaxe

Como centro integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), dispoñemos dunha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais proporcionados pola Consellería de Educación.

Os contidos bega-elbe2.edu.xunta.es están dispoñibles en diferentes linguas, cunha especial atención á presenza de contidos en lingua galega, e estruturados por temáticas, linguas, autoría, etapas educativas, xéneros (informativos e de ficción), para facilitar o acceso de usuarios ás obras. 

Trátase de contidos dixitais que poden utilizarse online e tamén offline, en todo momento e lugar, e que se adaptan a diferentes soportes de lectura (computador ou dispositivos móbiles).

Instrucións e pautas de acceso.

Ningún comentario :