venres, 30 de xaneiro de 2026

Día Escolar da Non Violencia e a Paz



O Día Escolar da Non-violencia e a Paz (DENVP) foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pionera, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación Non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

A mensaxe básica deste día é: "Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra"

O día 30 de Xaneiro conmemórase ademais a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.
Ademais de achegarvos unha mostra do noso catálogo, vos propoñemos un concurso no que teredes que casar as citas marcadas cos persoeiros que as mencionaron; na busca seguro que meditaredes sobre as frases e a vixencia delas na actualidade, e de paso intentamos profundizar nas biografías dos escollidos, o que fixeron para ser merecedores da mención honorífica, se a tiveron ou os que non e por qué.

Por último, deixade vos o voso lema respecto a esta data.

Día Escolar da Non Violencia e a Paz na galería


Día da Ilustración 2026

 

Como cada 30 de xaneiro, hoxe celébrase o Día da Ilustración. Este ano, o artista homenaxeado é Siro, caricaturista, debuxante, pintor, xornalista e escritor nado en Ferrol en 1943.

Ademais de álbums de debuxos, caricatura e humor, Siro ilustrou cartelería e libros de diversos autores/as e editoriais e, ao longo da súa carreira, tamén traballou nunha serie de proxectos máis aló do debuxo. Así, xunto a Xaquín Marín, impulsou o Museo do Humor de Fene, inaugurado en 1984; escribiu guións e dirixiu programas de radio e televisión: Imos aló?, pioneiro por ser o primeiro curso de galego emitido na TVG (1989 e 1990) e Corre Carmela que chove, que se mantivo 21 anos en antena facendo terturlia de actualidade en clave de humor. En 1990 deseñou a Praza do Humor (A Coruña). 

Tal día coma hoxe...os Beatles deron o seu último concerto


Á primeira hora da tarde do 30 de xaneiro de 1969, os transeúntes de Savile Row, en Londres, presenciaron un momento histórico: na azotea da sede de Apple Corps, os Beatles ofreceron o que sería o seu último concerto xuntos.

O concerto de 42 minutos, interrompido pola intervención policial, incluíu interpretacións de "One After 909", "Dig a Pony" e "I've Got a Feeling", que se incluíu no último álbum da banda, Let It Be (lanzado en maio de 1970, aproximadamente un mes despois de que se confirmase a separación dos Beatles). A improvisación na azotea tamén incluíu varias versións de "Get Back" e "Don't Let Me Down", ademais dunha improvisación de "God Save the Queen".

Con todo, este momento icónico na historia dos Beatles estivo a piques de non ocorrer. A principios dese mes, o 2 de xaneiro, Paul McCartney, John Lennon, George Harrison e Ringo Starr reuníronse nos estudos de cinema de Twickenham para compoñer cancións para un especial de televisión de finais de xaneiro. Desde o seu último concerto oficial en agosto de 1966, os Beatles envorcáronse con forza na experimentación en estudo e querían producir algo máis cru que os seus últimos álbums. Un equipo de filmación estaba en Twickenham documentando o inminente regreso da banda aos escenarios para o especial de televisión, pero ninguén estaba seguro de onde sería ese escenario: o London Palladium, as pirámides de Giza, un cruceiro e un anfiteatro libio eran algúns dos candidatos.

Os plans para un espectáculo extravagante frustráronse, pero a banda seguía querendo actuar. Finalmente optaron por unha actuación improvisada na azotea. A multitude congregouse na rúa. As queixas dos veciños polo ruído levaron á policía para forzar a finalización do concerto; ameazouse con arrestos, pero non se presentaron cargos.

martes, 27 de xaneiro de 2026

A pintura rupestre máis antiga do mundo


Nunha cova de pedra calcaria da illa de Muna, en Indonesia, un grupo de arqueólogos encontrou a silueta dunha man pintada en negativo que ten, polo menos, 67800 anos de antigüidade. Este novo descubrimento non só adianta a orixe coñecida ata agora da arte rupestre, senón que a despraza xeograficamente desde Europa ata o sudeste asiático. Os responsables do descubrimento recoñecen que non poden saber con toda seguridade quen pintou a man de Muna, pero din que a explicación máis probable é que fosen Homo sapiens.

Toda a información aquí.

venres, 23 de xaneiro de 2026

Plataforma E-LB2 formación para as familias

A plataforma E-LBE.2 ofrece a posibilidade de lectura a través de préstamos dixitais. O día 10 de marzo haberá unha formación online destinada ás familias para que poidan aprender como utilizar esta ferramenta conxuntamente co alumnado.

Quen queira participar só ten que clicar sobre o enlace de acceso ao formulario e conectarse o día da formación seguindo as instrucións que lle cheguen ao correo.

Podedes escoitar a charla conxuntamente familias e alumnado, posto que o préstamo de libros de lectura persoal está a disposición tanto para vós como para elas. Só teriades que pedir os códigos de acceso en biblioteca.

luns, 19 de xaneiro de 2026

Formación E-LBE.2 para docentes


A plataforma E-LBE.2 ofrece a posibilidade de préstamo dixital para os usuarios da biblioteca escolar. Se queredes asistir a algunha destas formacións para docentes, só tedes que cubrir o seguinte formulario de solicitude.