martes, 30 de setembro de 2025

No Día das Bibliotecas Escolares... Astérix e Obélix

A piques de sair unha nova aventura de Astérix e Obélix, nesta ocasión en Lusitania, queremos invitarvos a descubrir esta saga tan marabillosa con motivo do Día das Bibliotecas Escolares o 24 de outubro.

Desde a primeira publicación dunha tira cómica de Astérix no primeiro número da revista Pilote o 29 de outubro do 1959, as aventuras de Astérix o Galo teñen percorrido un longo camiño: 40 álbumes de banda deseñada, 5 álbunes ilustrados, libros especiais e edicións de luxo moi buscadas polos coleccionistas...Esta saga traducíuse a máis de 110 idiomas e dialectos, é imprescindible!!

Para iso vos propoñemos un xogo, un concurso; no que teredes que demostrar canto sabedes dos irreductibles galos. Teredes que cubrir correctamente os boletíns do concurso e deixalos na biblioteca antes do 22 de outubro. As parellas gañadoras serán nomeadas o venres 24 de outubro e na festa do Samaín teremos a entrega de premios.

NON DEIXEDES DE PARTICIPAR

Boletín 1, boletín 2, boletín 3, boletín 4 e boletín 5

Ningún comentario :