Nas páxinas de ciencia dos xornais aparecen estes días novas sobre un burato negro que está devorando unha galaxia próxima. Para tranquilizarnos dín que está moi lonxe de nos e que non corremos perigo. Menos mal.
Un burato negro, resumindo, é un astro que ten unha masa moi grande concentrada nun volume moi pequeno. A súa gravidade é tan forte que non deixa escapar nin a luz. Pero, se non o podemos ver porque non deixa escapar a luz, ¿como sabemos que está? Como na ciencia a fe non está moi ben vista e empéñanse en buscar probas, atoparon probas da súa existencia. Pero eso é outra historia. Para saber máis, podes visitar cosmopedia.
Como vedes, a pesar de que case non vemos o ceo pola contaminación lumínica, o espacio exterior segue a fascinarnos e, dende sempre fixo que nos formulásemos preguntas transcendentes sobre nós, o que somos e sobre o noso destino.
Observade o ceo, é fantástico e gratis. E ó mellor pode ser o inicio dunha formidable carreira como investigador. Nunca se sabe.
Ningún comentario :
Publicar un comentario