One Laptop per Child. un laptop por neno, é una iniciativa promovida por Nicholas Negroponte, co fin de promover unha educación moderna nos países que por dificultades, fundamentalmente económicas, sería inviable. O obxectivo da súa organización é fabricar un ordenador portátil por 100 dólares coa potencia e conectividade suficiente para acadar unha formación completa, tanto no seu sentido tradicional como nas novas tecnoloxías da información e comunicación.
Polo de agora os modelos presentados non acadaron ese prezo e non se pode atopar no mercado, pero a idea que sexan directamente distribuídos ás escolas a través de iniciativas gubernamentais.
Pero xa se acadaron cousas. Primeiro, s ordenadores portátiles están baixando de prezo, en segundo lugar chamou a atención do mundo sobre a educación nos países subdesenrolados e, por último, intensificou aínda máis o debate sobre o papel que as novas tecnoloxías da información e da comunicación xogan na educación.
Para saber máis podedes ír o enlace: http://www.laptop.org/faq.es.html
A min, particularmente, da iniciativa gústanme vairas cousas como son, un ordenador por neno, un ordenador potente, útil e novo e un ensino de calidade para todos. Non se trata de dar caridade, senón xustiza.
En calquera caso, a mín gustaríame ter un.
Ningún comentario :
Publicar un comentario