As causas son variadas, pero algo está a cambiar. Estes días o Reino Unido aprobou a construción de novas centrais nucleares (ver o artigo de EL PAIS ou de
Cada vez máis teño a impresión de que estes debates están provocados, ou cando menos fomentados, por intereses económicos que baixo paraugas de ecoloxismo, progresismo, ou “vai ti saber”-ismo crean polémicas estériles, pero que as decisións están xa tomadas. O que se coñece como cortinas de fume. Pero hai unha cousa clara, e é que un pobo informado e decidido pode facer cambiar as cousas. Invítovos a ler varios textos sobre a radioactividade:
¿Es realmente peligrosa la radioactivad? Texto de divulgación científica onde se explica de xeito sinxelo a radioactividade.
¿Está usted de broma, Sr. Feynman? Xa falei deste libro nun post. Feynman, Premio Nobel de Física, traballou no Proxecto Manhatan, no que se fabricou a primeira bomba atómica e conta episodios da súa vida dun xeito moi divertido.
Quarks, chiflados y el cosmos. Onde se explican as teorías actuais sobre a materia.
O que teño claro é que dalgún xeito, esta febre consumista ten que frear. Máis que nada porque só temos un planeta.
Saúdos
Ningún comentario :
Publicar un comentario