venres, 11 de xaneiro de 2008

Televisión con xeito (para ver sen morrer de pena...)


Ola queridos e queridas, de novo con vós logo da enchenta de turróns, langostinos, luces, panxoliñas, troula e regalos... Feliz ano para todos-as.

Hoxe vou recomendarvos un programa de viaxes excelente, un modelo que imitan moitos pero que dificilmente é superable pola forma de contar tan amena e divertida dos presentadores-as, en especial Ian Wright. Sí, as Guías Pilot son unha pasada para disfrutar dunha horiña de televisión con xeito, coñecendo lugares do mundo e rindo coas ocurrencias dos viaxeiros-as que nos guían.

Achegádevos a este inmellorable produto dunha hora aproximada de duración os venres ás 15:45 en La 2 de TVE.
E como exemplo, mirade o seguinte video...





Ningún comentario :