O Museo Nacional do Prado ofrécenos na súa renovada web materiais didácticos interesantes para todos. A súa nova web conta cunha enorme cantidade de material, dividido en contidos temáticos. Para a súa organización os contidos agrupáronse por áreas: Colección, Exposicións, Actividades, Educación, Investigación, Enciclopedia e unha sección especial: Pradomedia. No momento que se accede á web disponse de todos os contidos dende o menú superior esquerdo da páxina, tal e como se aprecia na imaxe:
O apartado Colección, conta con acceso online a máis de 4000 obras da colección do Museo. Esta base de datos irá ampliándose ata incorporar a totalidade da colección. Se se desexa realizar unha busca simple por título ou autor, só hai que utilizar o buscador xeral, pero tamén hai opción de realizar unha busca avanzada. Cada unha das mostras do apartado Exposicións conta cunha serie de recursos; por exemplo, na Instalación especial El viño da festa de San Martín, de Bruegel el Viejo, destacamos tres deles que podemos utilizar cos nosos alumnos dende a aula:
- Vídeos sobre o proceso de verificación de autoría e restauración da obra.
- Visor interactivo: O viño da festa de San Martín antes e despois da restauración.
- Xogo didáctico: crebacabezas da obra.

O apartado Enciclopedia conta con acceso a unha enciclopedia online que conta con 1.646 biografías de artistas, 319 doazóns e legados, 175 exposicións e 162 obras mestras seleccionadas da colección; ademais, permite realizar buscas nos títulos de todas as entradas da Enciclopedia. Proximamente será posible realizalas no texto completo das entradas.
Para facilitar a busca, no apartado índice inclúese un listado completo de todas as entradas da enciclopedia, organizadas por temas. E, por último o apartado Pradomedia; mediante esta opción o museo propón unha recompilación dos recursos multimedia de cada exposición actual, pasada ou fóra do museo. Vídeos das exposicións, de conferencias... Destacamos tamén dun xeito especial os xogos interactivos: crebacabezas, diferenzas...
Dáte un paseo pola súa web e sorprendete cos seus recursos!
(Vía En marcha con las TICs)
Ningún comentario :
Publicar un comentario