luns, 12 de novembro de 2018

Desde NeptuNeda...con curiosidade

Os representantes estelares
Este curso embarcámonos nun proxecto intercentros. No CFPI Ferrolterra viron que representando o Sistema Solar a escala e sendo eles o Sol, o resto de planetas coincidían con varios centros escolares:
Mercurio (un pouco desubicado); IES Saturnino Montojo. Venus; IES Sofía Casanova. Terra; CEIP Recimil. Marte; CEIP Esteiro. Xúpiter; IES Canido. Saturno; IES Catabois. Urano; IES As Telleiras. Neptuno nos IES Fernando Esquío. Plutón rescatado; CEIP Couceiro Freijomil.
 Así o noso centro sería Neptuno polo que imos a estudar este planeta e relacionalo co resto. Pero qué sabemos de Neptuno?
Neptuno é o oitavo planeta do Sistema Solar e o máis afastado do Sol, que forma parte dos planetas exteriores ou xigantes gaseosos. Foi ademais o primeiro en ser descuberto grazas a operacións matemáticas, a partir do comportamento orbital de Urano, Saturno e Xúpiter.
O seu nome provén do Deus romano dos océanos, chamado polos gregos Poseidón.
Xunto con Urano, catalogóuselles como os “xigantes xeados” do Sistema Solar, dado que as súas órbitas distan demasiado do Sol para conservar temperaturas sequera próximas aos 0 ° C. Con todo, Neptuno é lixeiramente máis grande que Urano e bastante máis denso. 
Neptuno foi considerado o planeta máis afastado do Sistema Solar ata o descubrimento en 1930 de Plutón, ata que en 2006 recuperou o seu título, pois Plutón pasou a considerarse un planeta anano ou planetoide.
Seguiremos comentando…

Ningún comentario :